O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 17 de decembro de 1999, celébrase anualmente cada 25 de novembro, en memoria das irmás Mirabal. A proposta para que se celebrase nesa data realizouna a República Dominicana, co apoio de 80 países.
sábado, 26 de novembro de 2022
luns, 14 de novembro de 2022
O NOSO MAGOSTO
Aínda que choveu e ventou nos gozamos igualmente dun marabilloso día de magosto.
Non faltaron as castañas nin por suposto a animación musical.
Premendo o seguinte enlace podedes ver un resumo desta xornada festiva .
domingo, 13 de novembro de 2022
3,2,1 MAGOSTO!!
Fíxose esperar... Parecía que a choiva non nos ía dar tregua, pero ó final aconteceu: un magosto dos de sempre!!!
Os mestres/as asaban castañas e os nenos/as gozaban dunha completa xornada festeira, con xogos populares, música en directo e, como non, degustación dun delicioso xantar de magosto, onde non faltaron as castañas nin os chourizos asados.
Aquí vos deixamos unha pequena recompilación dalgunhas das cancións que se cantaron nesta fantástica xornada.
sábado, 12 de novembro de 2022
GAÑADORES/AS DOS CONCURSOS DE SAMAÍN!!!
Velaí tedes os gañadores/as dos concursos terroríficos de Samaín, clasificados por categorías. Agardamos que vos gusten .
CONCURSO DE DEBUXO
CONCURSO DE BANDA DESEÑADA
Se queredes saber como rematan estas historias, estade moi atentos.... en breve teremos novidades.
A entrega dos premios terá lugar o día do Festival de Nadal.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)