Comeza a conta atrás para a celebración da festa máis esperada do ano, o noso X Serán. Unha festividade chea de música, tradición e alegría que ano tras ano, non deixa de medrar.
Para facer deste evento algo aínda máis especial, convocamos un concurso de cartaces no que todo o alumnado está convidado a participar.
Deixade voar a vosa imaxinación e creade un deseño que represente o espírito do noso Serán.
Haberá premios por ciclos, así que… todas e todos tedes opcións de gañar!

