venres, 12 de decembro de 2025

"FALA QUE FALA" NO COLE DE CEA

Hoxe no Cole de Cea gozamos dunha xornada de radio en directo na que participou o alumnando de segundo ciclo de Educación Primaria e ESO. Ó longo destas duas horas de radio compartidas con Álvaro Veiga e Chus..... o alumnado xogou, viviu a experiencia da radio en directo e coñecemos de primeira man algo máis da vida e obra de Acisclo Manzano . Podedes escoitar todo o programa a través da seguinte ligazón :

sábado, 15 de novembro de 2025

EXPOSICIÓN PALABRA E MEMORIA

O pasado xoves, parte do alumnado de ESO e o alumnado de 6º de EP do Cole de Cea realizou unha camiñada ata o edificio Multiúsos do Concello de San Cristovo de Cea para colocar e comentar as fotografías de epitafios cedidas por Modelo Burela. Deste xeito, o público que acceda ao local municipal poderá visitar unha exposición que pon en valor a palabra como forma de expresión da lembranza nun momento crucial da vida: a despedida dos nosos. O acto íntimo e familiar transfórmase nos camposantos nunha manifestación colectiva de identidade e pertenza a un pobo. Concello de Cea.

 L

domingo, 19 de outubro de 2025

DÍA INTERNACIONAL DO PATRIMONIO CULTURAL INMATERIAL

 Como integrantes da rede de centros, "modelo  Ponte... nas Ondas", o 17 de outubro non podíamos deixar de  celebrar o Día Internacional do Patrimonio Cultural Inmaterial 

Ó longo da semana pasada, o alumnado gozou de xogos populares nos períodos de lecer,  aportou receitas elaboradas con produtos de outono e como broche final,o venres  foi día de foliada .



mércores, 15 de outubro de 2025

MES DE SAMAÍN

 Comeza xa o mes máis tenebroso do ano. Dende os equipos de EDLG, Biblioteca e Actividades Extraescolares estamos xa a traballar. 

No cole de Cea, imos celebrar a Exposición de Cabazas Lectoras, onde os vosos personaxes favoritos cobrarán vida de xeito creativo. Podedes decorar a vosa cabaza inspirándovos nun libro, nunha historia ou nun personaxe que vos guste. 

Lembrade: as cabazas non se poden baleirar e deben vir acompañadas dunha ficha co título,o autor/a e unha frase que explique a relación co libro.

Estamos desexando que nos sorprendades coas vosas creacións!!

                                                                              



luns, 13 de outubro de 2025

COMEZA A CONTA ATRÁS PARA O MAGOSTO

 Achégase o magosto, e queremos compartir unha serie de recursos para profundizar no coñecemento dunha das nosas festas máis populares.

  • Artigos sobre o castiñeiro e o magosto galego, axeitados para traballar co alumnado de terceiro ciclo de Educación Primaria e Educacion Secundaria

                         - http://www.galicias.com/camba/traballos/t/castineiro.htm,

                         -  https://orgullogalego.gal/o-magosto-galego/ 

                    CONTOS

        XOGOS INTERACTIVOS

                     



venres, 25 de abril de 2025

REGUEIFANDO NO COLE DE CEA

 O mércores 30 de abril, contaremos no noso cole  coa presenza de Luis Caruncho. Este  recoñecido regueifeiro impartirá un obradoiro de regueifas a alumnado de Educación Primaria e ESO, seguro que han de saír cousas ben chulas . Estamos desexando que chegue o día .






xoves, 13 de marzo de 2025

FORMACIÓN DE RADIO NA BIBLIO

Onte o alumnado de 5º e 6º de EP asisitiu a un obradoiro de radio da man de Damián, de Ponte... nas Ondas durante a xornada matutina.

Aprenderon o importante que é saber onde atopar información sobre un tema de interese, como contrastala, escribir un guión, transformalo nunha escaleta, ensaiar moitas veces antes de comezar a gravar, unhas pequenas pautas para gravar ao xeito e como partillar o traballo feito.