domingo, 2 de novembro de 2025

COMEZA A CONTA ATRÁS PARA O MAGOSTO

 Achégase o magosto, e queremos compartir unha serie de recursos para profundizar no coñecemento dunha das nosas festas máis populares.

  • Artigos sobre o castiñeiro e o magosto galego, axeitados para traballar co alumnado de terceiro ciclo de Educación Primaria e Educacion Secundaria

                         - http://www.galicias.com/camba/traballos/t/castineiro.htm,

                         -  https://orgullogalego.gal/o-magosto-galego/ 

                    CONTOS

        XOGOS INTERACTIVOS

                     



domingo, 19 de outubro de 2025

DÍA INTERNACIONAL DO PATRIMONIO CULTURAL INMATERIAL

 Como integrantes da rede de centros, "modelo  Ponte... nas Ondas", o 17 de outubro non podíamos deixar de  celebrar o Día Internacional do Patrimonio Cultural Inmaterial 

Ó longo da semana pasada, o alumnado gozou de xogos populares nos períodos de lecer,  aportou receitas elaboradas con produtos de outono e como broche final,o venres  foi día de foliada .



martes, 7 de outubro de 2025

MES DE SAMAÍN

 Comeza xa o mes máis tenebroso do ano. Dende os equipos de EDLG, Biblioteca e Actividades Extraescolares estamos xa a traballar. 

No cole de Cea, imos celebrar a Exposición de Cabazas Lectoras, onde os vosos personaxes favoritos cobrarán vida de xeito creativo. Podedes decorar a vosa cabaza inspirándovos nun libro, nunha historia ou nun personaxe que vos guste. 

Lembrade: as cabazas non se poden baleirar e deben vir acompañadas dunha ficha co título,o autor/a e unha frase que explique a relación co libro.

Estamos desexando que nos sorprendades coas vosas creacións!!

                                                                              



venres, 25 de abril de 2025

REGUEIFANDO NO COLE DE CEA

 O mércores 30 de abril, contaremos no noso cole  coa presenza de Luis Caruncho. Este  recoñecido regueifeiro impartirá un obradoiro de regueifas a alumnado de Educación Primaria e ESO, seguro que han de saír cousas ben chulas . Estamos desexando que chegue o día .






xoves, 13 de marzo de 2025

FORMACIÓN DE RADIO NA BIBLIO

Onte o alumnado de 5º e 6º de EP asisitiu a un obradoiro de radio da man de Damián, de Ponte... nas Ondas durante a xornada matutina.

Aprenderon o importante que é saber onde atopar información sobre un tema de interese, como contrastala, escribir un guión, transformalo nunha escaleta, ensaiar moitas veces antes de comezar a gravar, unhas pequenas pautas para gravar ao xeito e como partillar o traballo feito.




martes, 11 de marzo de 2025

CÉ ORQUESTRA PANTASMA VISITARÁ O NOSO COLE

 O próximo luns 17 de marzo , recibiremos no cole a Cé Orquestra Pantasma. Esta actividade inclúese dentro do programa Falamos + , no que o noso centro está a participar. Será unha xornada na que os cativos gozarán e bailaran o son da música de César Frieira. 

 

 


 

luns, 10 de marzo de 2025

COMEZAMOS CO FALAMOS +

Hoxe comezamos o programa Falamos +, promovido pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que ten como finalidade promover o uso do galego oral entre os máis cativos  dentro e fóra dos centros de ensino. 

Esta iniciativa de dinamización lingüística nace para que o alumnado fale máis o galego e perfeccione o seu uso dentro e fóra das aulas .

Dende hoxe,  e ata o día 28 deste mes, os nenos realizarán actividades en galego nos períodos de lecer. Son actividades do máis divertido: os luns falamos, os martes xogamos, os mércores facemos ciencia, os xoves escribimos e lemos e os venres bailamos e cantamos.