Este venres, vivimos unha xornada inesquecible chea de tradición, cultura e moita diversión. Así de completo foi o noso día:
- Pola mañá: Comezamos elaborando en equipo o noso maio co material vexetal aportado por alumnado e profesorado.
- Festa das Letras: Lembramos con moito cariño á escritora Begoña Caamaño e gozamos cunha divertida función de títeres: " A filla do Cacharulo".
- Pola tarde: Pechamos o día con festa rachada grazas á música e ao baile do noso X Serán.






.jpg)
