venres, 27 de outubro de 2023

O SAMAÍN CHEGOU Ó COLE DE CEA

O martes 30 de outubro anímate a traer o teu disfrace  e pasa un día de medo.

Algunhas das actividades programadas son :

    • Foto-cole terrorífico 
    • Baile colectivo de Samaín 
    • Presentación e lectura do conto de Foguetiño  


Estade atentos, xa que haberá mooooooitas sorpresas....                                                       

mércores, 18 de outubro de 2023

OBRADOIRO DE RADIO

 Mañá xoves o alumnado de cuarto da ESO participará nun obradoiro de radio, impartido por Sergio Pascual, arredor da figura de Vicente Risco.


No seguinte enlace podes descubrir máis acerca da fundación que leva o seu nome ;




domingo, 8 de outubro de 2023

TEMPO DE SAMAÍN !!!

Xa  comeza o mes de Samaín e dende o EDL, en colaboración coa Biblioteca Ramón Caride, lanzamos a primeira proposta de actividade.

Animádevos todos a participar na creación deste conto terrorífico encadeado. 

  Estamos desexando compartir as aterradoras aventuras de Foguetiño