martes, 16 de maio de 2023

VIDEO-RESUMO DO NOSO SERÁN

O 12 de maio, celebramos o VII Serán do Cole de Cea e gozamos un montón . 
Podedes ver un vídeo -resumo das actividades realizadas nesta xornada festiva. 






venres, 12 de maio de 2023

FESTA DOS MAIOS

 O día 12 de maio é unha xornada festiva no cole de Cea.

Comezamos a xornada recopilando o material vexetal que foi traendo todo o alumnado: flores, xestas, carrabouxos, hedras...

Unha vez recopilado o material, o alumnado organizado por quendas foi facer a súa parte do maio e cantou as súas coplas dos maios.

Velaí tedes un pequeno resumo da xornada .





luns, 8 de maio de 2023

VII SERÁN DO COLE DE CEA

                                                                                                               💐🌹🥀🌺🌸🏵️🌻🌼🌲🎉🎵🎶🥁🕺👯
Chegou o momento de compartir o programa do VII SERÁN, que conta, como non podía ser doutro modo, cunha oferta de luxo, ampla e variada, grazas á axuda de grupos, artistas e colaboradores /as.
Sentímonos super afortunad@s de poder contar con xente amiga do cole, que sempre está disposta a colaborar con nós e facer que, ano tras ano, o noso Serán sexa posible.
Esperámosvos a todos/as este venres 12 de maio!