xoves, 22 de xuño de 2023

CÓNTAME UN MUNDO

Tras o éxito da actividade relizada polas narradoras Alba de Vales e Raquel Queizás o pasado 12 de xuño , hoxe 19 de xuño tocoulle o turno ó alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria. 

O alumnado de primaria gozou dunha xornada de contacontos con estas dúas autoras .

Estas actividades atópanse enmarcadas dentro do proxecto global "Cóntame un mundo ", a actividade percorre diversos concellos valores e ten por obxecto recoller a valorar a tradición oral como fonte de coñecemento e de comunicación interxeneracional.

Nos próximos días realizaráse o Encontro da Palabra que está aberto a toda a comunidade educativa e a todos aqueles que queiran participar. 

Aqui podedes ver algunhas das fotos da actividade realizada co alumnado de Ed. Primaria.