mércores, 26 de outubro de 2022

CORRELINGUA 2022

 A semana pasada, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria acudiu á xornada do Correlingua que tivo lugar en Ourense.

Alí compartiron xornada con rapaces e rapazas doutros centros e gozaron da música de Pauliña e da forza das palabras de Isabel Risco.

Podedes ver unha mostra do ben que o pasaron.

                                                        Panorámica do Teatro Principal (Ourense)


                                                          Actuación de "Pauliña"


BENVIDOS Ó NOSO BLOG!!

Ola a todos/as!

Comezamos traxectoria saudando a toda a comunidade educativa do CPI Virxe da Saleta.

Este blog nace coa idea de visibilizar, promover o uso da lingua galega e difundir as actividades propostas dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Cole de Cea. Agardamos que sexa do voso interese.