xoves, 13 de marzo de 2025

FORMACIÓN DE RADIO NA BIBLIO

Onte o alumnado de 5º e 6º de EP asisitiu a un obradoiro de radio da man de Damián, de Ponte... nas Ondas durante a xornada matutina.

Aprenderon o importante que é saber onde atopar información sobre un tema de interese, como contrastala, escribir un guión, transformalo nunha escaleta, ensaiar moitas veces antes de comezar a gravar, unhas pequenas pautas para gravar ao xeito e como partillar o traballo feito.




martes, 11 de marzo de 2025

CÉ ORQUESTRA PANTASMA VISITARÁ O NOSO COLE

 O próximo luns 17 de marzo , recibiremos no cole a Cé Orquestra Pantasma. Esta actividade inclúese dentro do programa Falamos + , no que o noso centro está a participar. Será unha xornada na que os cativos gozarán e bailaran o son da música de César Frieira. 

 

 


 

luns, 10 de marzo de 2025

COMEZAMOS CO FALAMOS +

Hoxe comezamos o programa Falamos +, promovido pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que ten como finalidade promover o uso do galego oral entre os máis cativos  dentro e fóra dos centros de ensino. 

Esta iniciativa de dinamización lingüística nace para que o alumnado fale máis o galego e perfeccione o seu uso dentro e fóra das aulas .

Dende hoxe,  e ata o día 28 deste mes, os nenos realizarán actividades en galego nos períodos de lecer. Son actividades do máis divertido: os luns falamos, os martes xogamos, os mércores facemos ciencia, os xoves escribimos e lemos e os venres bailamos e cantamos.