Hoxe comezamos o programa Falamos +, promovido pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que ten como finalidade promover o uso do galego oral entre os máis cativos dentro e fóra dos centros de ensino.
Esta iniciativa de dinamización lingüística nace para que o alumnado fale máis o galego e perfeccione o seu uso dentro e fóra das aulas .
Dende hoxe, e ata o día 28 deste mes, os nenos realizarán actividades en galego nos períodos de lecer. Son actividades do máis divertido: os luns falamos, os martes xogamos, os mércores facemos ciencia, os xoves escribimos e lemos e os venres bailamos e cantamos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario