O próximo martes, o alumnado de 3º de Educación Primaria a 4º de ESO serán os protagonistas dun magazine radiovisual adicado ao patrimonio cultural do seu territorio. O proxecto consiste nunha serie de seis eventos realizados en concellos do rural galego, onde o alumnado dos centros educativos se converte no protagonista dun magazine radiovisual dedicado ao patrimonio cultural do seu territorio.
Durante cada encontro, os rapaces e rapazas presentan e conducen o programa, entrevistan persoas do lugar e dialogan con artistas convidados, creando un espazo de encontro entre xeracións arredor da cultura e da memoria compartida.
