domingo, 17 de maio de 2026

UN 15 DE MAIO DE FESTA NO COLE: MAIOS, SERÁN E FESTA DAS LETRAS

Este venres, vivimos unha xornada inesquecible chea de tradición, cultura e moita diversión. Así de completo foi o noso día:

  • Pola mañá: Comezamos elaborando en equipo o noso maio co material vexetal aportado por alumnado e profesorado.
  • Festa das Letras: Lembramos con moito cariño á escritora Begoña Caamaño e gozamos cunha divertida función de títeres: " A filla do Cacharulo".
  • Pola tarde: Pechamos o día con festa rachada grazas á música e ao baile do noso X Serán.
Grazas a todos e todas por facer posible este día tan especial!!