venres, 12 de maio de 2023

FESTA DOS MAIOS

 O día 12 de maio é unha xornada festiva no cole de Cea.

Comezamos a xornada recopilando o material vexetal que foi traendo todo o alumnado: flores, xestas, carrabouxos, hedras...

Unha vez recopilado o material, o alumnado organizado por quendas foi facer a súa parte do maio e cantou as súas coplas dos maios.

Velaí tedes un pequeno resumo da xornada .





luns, 8 de maio de 2023

VII SERÁN DO COLE DE CEA

                                                                                                               💐🌹🥀🌺🌸🏵️🌻🌼🌲🎉🎵🎶🥁🕺👯
Chegou o momento de compartir o programa do VII SERÁN, que conta, como non podía ser doutro modo, cunha oferta de luxo, ampla e variada, grazas á axuda de grupos, artistas e colaboradores /as.
Sentímonos super afortunad@s de poder contar con xente amiga do cole, que sempre está disposta a colaborar con nós e facer que, ano tras ano, o noso Serán sexa posible.
Esperámosvos a todos/as este venres 12 de maio!








luns, 24 de abril de 2023

REGUEIFANDO CON ALBA MARÍA

 Este luns 17 de abril contaremos no cole coa artista Alba María . O alumnado de 1º da ESO gozará dunha xornada na que elaborarán regueifas e  versos de rap.







sábado, 11 de marzo de 2023

SEMANA DA PRENSA

Co gallo da celebración da semana da prensa, na biblioteca do cole organizamos unha exposición da revista local: "Bisbarra". Trátase dunha revista publicada entre os anos 1984 e 1988 .

Nela atopamos artigos de autores como : Ramón Caride, Xosé Paz.... unha auténtica xoia propiedade de Evaristo Rodríguez, veciño de Cea e colaborador habitual  do cole de Cea .




    















luns, 27 de febreiro de 2023

FEBREIRO, MES DE ROSALÍA

Ó longo deste mes de febreiro realizamos diversas actividades para conmemorar o aniversario do nacemento dunha das figuras clave das letras e da cultura galegas:ROSALÍA DE CASTRO.

Algunhas das actividades nas que participou o alumnado foron: composicíón  dun quebracabezas colaborativo, elaboración de chapas, realización de pasatempos, recitado de poemas e a elaboración dun gran mural na que cada un pintou flores e escribiu versos dos  poemas da autora.E como colofón final todo o alumnado asistiu ó concerto de Sergio Tannus e Marta Bravo. 

Que ben o pasamos !!





venres, 3 de febreiro de 2023

A CANDELORIA

O día 2 de febreiro ,celebramos  o día da Candeloria e para festexalo enchemos o cole de paxaros con  refráns e versos de amor …
.



Premendo o seguinte enlace podedes ver o noso decorado.












luns, 9 de xaneiro de 2023

NADAL CON TITIRICEA


Trala presentación da compañía escolar de monicreques Titiricea no VI Serán do Cole de Cea a compañía continúa a sua traxectoria e comezou o curso facendo a  representación dunha das súas obras no festival de Nadal. O alumnado da ESO do centro que conforma Titiricea continuará traballando ó longo deste curso ....