martes, 16 de maio de 2023
VIDEO-RESUMO DO NOSO SERÁN
venres, 12 de maio de 2023
FESTA DOS MAIOS
O día 12 de maio é unha xornada festiva no cole de Cea.
Comezamos a xornada recopilando o material vexetal que foi traendo todo o alumnado: flores, xestas, carrabouxos, hedras...
Unha vez recopilado o material, o alumnado organizado por quendas foi facer a súa parte do maio e cantou as súas coplas dos maios.
Velaí tedes un pequeno resumo da xornada .
luns, 8 de maio de 2023
VII SERÁN DO COLE DE CEA
luns, 24 de abril de 2023
REGUEIFANDO CON ALBA MARÍA
Este luns 17 de abril contaremos no cole coa artista Alba María . O alumnado de 1º da ESO gozará dunha xornada na que elaborarán regueifas e versos de rap.
sábado, 11 de marzo de 2023
SEMANA DA PRENSA
Co gallo da celebración da semana da prensa, na biblioteca do cole organizamos unha exposición da revista local: "Bisbarra". Trátase dunha revista publicada entre os anos 1984 e 1988 .
Nela atopamos artigos de autores como : Ramón Caride, Xosé Paz.... unha auténtica xoia propiedade de Evaristo Rodríguez, veciño de Cea e colaborador habitual do cole de Cea .
luns, 27 de febreiro de 2023
FEBREIRO, MES DE ROSALÍA
Ó longo deste mes de febreiro realizamos diversas actividades para conmemorar o aniversario do nacemento dunha das figuras clave das letras e da cultura galegas:ROSALÍA DE CASTRO.
Algunhas das actividades nas que participou o alumnado foron: composicíón dun quebracabezas colaborativo, elaboración de chapas, realización de pasatempos, recitado de poemas e a elaboración dun gran mural na que cada un pintou flores e escribiu versos dos poemas da autora.E como colofón final todo o alumnado asistiu ó concerto de Sergio Tannus e Marta Bravo.
Que ben o pasamos !!






