venres, 26 de decembro de 2025
NADAL DO COLE DE CEA
venres, 12 de decembro de 2025
"FALA QUE FALA" NO COLE DE CEA
sábado, 15 de novembro de 2025
EXPOSICIÓN PALABRA E MEMORIA
L
domingo, 19 de outubro de 2025
DÍA INTERNACIONAL DO PATRIMONIO CULTURAL INMATERIAL
Como integrantes da rede de centros, "modelo Ponte... nas Ondas", o 17 de outubro non podíamos deixar de celebrar o Día Internacional do Patrimonio Cultural Inmaterial
Ó longo da semana pasada, o alumnado gozou de xogos populares nos períodos de lecer, aportou receitas elaboradas con produtos de outono e como broche final,o venres foi día de foliada .
mércores, 15 de outubro de 2025
MES DE SAMAÍN
Comeza xa o mes máis tenebroso do ano. Dende os equipos de EDLG, Biblioteca e Actividades Extraescolares estamos xa a traballar.
No cole de Cea, imos celebrar a Exposición de Cabazas Lectoras, onde os vosos personaxes favoritos cobrarán vida de xeito creativo. Podedes decorar a vosa cabaza inspirándovos nun libro, nunha historia ou nun personaxe que vos guste.
Lembrade: as cabazas non se poden baleirar e deben vir acompañadas dunha ficha co título,o autor/a e unha frase que explique a relación co libro.
Estamos desexando que nos sorprendades coas vosas creacións!!
luns, 13 de outubro de 2025
COMEZA A CONTA ATRÁS PARA O MAGOSTO
Achégase o magosto, e queremos compartir unha serie de recursos para profundizar no coñecemento dunha das nosas festas máis populares.
- Nesta ligazón, https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipraquelcamacho/node/2978, atoparedes actividades dirixidas fundamentalmente a alumnado de Educación Infantil e Primeiro ciclo de Educación Primaria.
- En, https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipraquelcamacho/recursosmagosto, podedes acceder a recursos de Educación Primaria clasificados por ciclos.
- Unidades didacticas dirixidas a Educación Primaria e Secundaria:https://centros.edu.xunta.es/ceipcampolongo/Archivos/ENL/Curso_15_16/U_D_O_Magosto.pdf
- Artigos sobre o castiñeiro e o magosto galego, axeitados para traballar co alumnado de terceiro ciclo de Educación Primaria e Educacion Secundaria
- http://www.galicias.com/camba/traballos/t/castineiro.htm,
- https://orgullogalego.gal/o-magosto-galego/
CONTOS
- Maria a castañeira::https://youtu.be/xyrfY64FaSE?si=l0EGnqa8tlxEBSJY
- A castaña que rebentou de risa: https://youtu.be/-dAkRHt4F2I?si=X-wQ0CJHEUl-iX67
XOGOS INTERACTIVOS
venres, 25 de abril de 2025
REGUEIFANDO NO COLE DE CEA
O mércores 30 de abril, contaremos no noso cole coa presenza de Luis Caruncho. Este recoñecido regueifeiro impartirá un obradoiro de regueifas a alumnado de Educación Primaria e ESO, seguro que han de saír cousas ben chulas . Estamos desexando que chegue o día .






