Este luns 17 de abril contaremos no cole coa artista Alba María . O alumnado de 1º da ESO gozará dunha xornada na que elaborarán regueifas e versos de rap.
luns, 24 de abril de 2023
sábado, 11 de marzo de 2023
SEMANA DA PRENSA
Co gallo da celebración da semana da prensa, na biblioteca do cole organizamos unha exposición da revista local: "Bisbarra". Trátase dunha revista publicada entre os anos 1984 e 1988 .
Nela atopamos artigos de autores como : Ramón Caride, Xosé Paz.... unha auténtica xoia propiedade de Evaristo Rodríguez, veciño de Cea e colaborador habitual do cole de Cea .
luns, 27 de febreiro de 2023
FEBREIRO, MES DE ROSALÍA
Ó longo deste mes de febreiro realizamos diversas actividades para conmemorar o aniversario do nacemento dunha das figuras clave das letras e da cultura galegas:ROSALÍA DE CASTRO.
Algunhas das actividades nas que participou o alumnado foron: composicíón dun quebracabezas colaborativo, elaboración de chapas, realización de pasatempos, recitado de poemas e a elaboración dun gran mural na que cada un pintou flores e escribiu versos dos poemas da autora.E como colofón final todo o alumnado asistiu ó concerto de Sergio Tannus e Marta Bravo.
Que ben o pasamos !!
venres, 3 de febreiro de 2023
A CANDELORIA
luns, 9 de xaneiro de 2023
NADAL CON TITIRICEA
Trala presentación da compañía escolar de monicreques Titiricea no VI Serán do Cole de Cea a compañía continúa a sua traxectoria e comezou o curso facendo a representación dunha das súas obras no festival de Nadal. O alumnado da ESO do centro que conforma Titiricea continuará traballando ó longo deste curso ....
sábado, 31 de decembro de 2022
venres, 2 de decembro de 2022
PARABÉNS PONTE...NAS ONDAS!!
Dende o cole de Cea quixemos amosar ó noso apoio á incrición de PNO !! no rexistro de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO.



