martes, 11 de marzo de 2025

CÉ ORQUESTRA PANTASMA VISITARÁ O NOSO COLE

 O próximo luns 17 de marzo , recibiremos no cole a Cé Orquestra Pantasma. Esta actividade inclúese dentro do programa Falamos + , no que o noso centro está a participar. Será unha xornada na que os cativos gozarán e bailaran o son da música de César Frieira. 

 

 


 

luns, 10 de marzo de 2025

COMEZAMOS CO FALAMOS +

Hoxe comezamos o programa Falamos +, promovido pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que ten como finalidade promover o uso do galego oral entre os máis cativos  dentro e fóra dos centros de ensino. 

Esta iniciativa de dinamización lingüística nace para que o alumnado fale máis o galego e perfeccione o seu uso dentro e fóra das aulas .

Dende hoxe,  e ata o día 28 deste mes, os nenos realizarán actividades en galego nos períodos de lecer. Son actividades do máis divertido: os luns falamos, os martes xogamos, os mércores facemos ciencia, os xoves escribimos e lemos e os venres bailamos e cantamos. 





venres, 21 de febreiro de 2025

DÍA DE ROSALÍA

Este domingo, 23 de febreiro, cúmprense 184 anos do nacemento da nosa escritora máis universal e dende o centro queremos renderlle homenaxe. Un ano máis ó longo deste mes  o alumnado realizou diversas actividades propostas polos equipos de Dinamización da Lingua, Biblioteca e Música , en torno á figura de Rosalía. 



mércores, 20 de novembro de 2024

O LIBRO DOS MEDOS

Co gallo do Samaín, o EDL xunto coa Biblioteca Ramón Caride lanzou unha proposta para que o alumnado do centro expresase os seus medos (ben de forma gráfica ou escrita ).

O resultado deste traballo queda plasmada en dous libros que están dispoñibles na biblioteca do centro . 

 


 
 
 
Animádevos a pasar moooito meeeedooooo!!!


luns, 18 de novembro de 2024

PREMIOS PONTE ... NAS ONDAS!!

 O pasado venres, o alumnado de 3º e 4º de ESO acudiu a Vigo, á gala de entrega de premios: "As imaxes do patrimonio", onde a nosa alumna Daniela obtivo un accésit na categoría de Secundaria. Parabéns Daniela!!!

Podedes ver a gala de entrega de premios premendo na seguinte ligazón. 

https://youtu.be/968Eoc58_SM


                                                  (
Fotografía gañadora do accésit)

 

 

 

 


sábado, 21 de setembro de 2024

OS MARABILLOSOS DE RISCO

O EDL e a Biblioteca Ramón Caride dan comezo a un novo curso da man da escritora infantil Inma Souto.
O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria revivirá e recreará con ela, os marabillosos contos de Risco.
Aí vos deixamos o cartaz da sesión que terá lugar o martes 1 de outubro.